ANO 1999
13 de agosto

I edición de Sons do Mencer na Croa:

  • Gaiteiros de Riotorto

  • Cándido Pazó (contacontos)

  • Liñaceira (pandeireteiras)

  • Stress (Pepe Vaamonde, Suso Vaamonde, Nacho Castro)

  • Caldaloba (folc)

[+info]
23 e 24 de novembro

I edición das Xornadas Micolóxicas:

  • Saída ao monte para a recollida de cogumelos

  • Conferencia sobre a identificación das distintas especies

  • Degustación dos cogumelos nos distintos bares da localidade

26 de decembro

Actuación da Coral de San Antonio (Lugo) e sesión de contacontos

ANO 2000
14 de abril

Obradoiro de títeres no colexio e posterior representación a cargo da compañía Teatro das Argalladas (Lugo)

27 e 28 de maio

Colaboración no Festival en Defensa do Mar e da Terra en Cangas (Foz)

5 de xullo

Espeleoloxía: visita ás Covas do Rei Cintolo (Mondoñedo) [cartel]

27 de xullo

Sendeirismo nos Ancares (Ruta dos Tres Bispos) e visita ao Centro de Interpretación da Natureza [cartel]

11 de agosto

II edición de Sons do Mencer na Croa:

  • Gaiteiros de Riotorto

  • Emilio do Pando (Galiza, birimbau)

  • Biella Nuei (Aragón, tradicional)

  • Ultreia (Galiza, tradicional)

  • Treixadura (Galiza, tradicional)

[+info] [fotos]
18 e 19 de agosto

Xornadas fotográficas:

  • Charla teórica

  • Saída ao campo para facer prácticas

11 e 12 de novembro

II edición das Xornadas Micolóxicas

ANO 2001
4 de xaneiro

Actuación dos cantautores Héctor Findell e Alejandro Bernabéu no café-bar Vega

2 de febreiro

Actuación do mago Teto no colexio e no restaurante San Cristóbal

12 de abril

Proba de rastreo na Croa para os rapaces

13 de abril

Actuación dos cantautores Jesús Piñeiro e Pablo Salgado no restaurante San Cristóbal

5 de maio

Roteiro pola Senda do Oso (Proaza, Asturias) [fotos] [cartel]

17 de maio

Celebración do Día das Letras Galegas:

  • Conferencia a cargo do catedrático Primitivo Iglesias

  • Actuación da contacontos Fátima Fernández

[cartel]
21 e 22 de xullo

Acampada e roteiro no Lago de Sanabria (Zamora) [fotos]

28 de xullo

I edición da Xincana [fotos] [cartel]

10 de agosto

III edición de Sons do Mencer na Croa:

  • Gaiteiros de Riotorto

  • Os Chafaricos (Galiza, tradicional)

  • Cherno More (Bulgaria, tradicional)

  • Xarin (Galiza, tradicional)

  • Domine Cabra (Galiza, folc)

[+info] [fotos] [preparativos]
22 de agosto

Teatro na rúa: representación da obra Non hai ladrón que por ben non veña de Dario Fo, a cargo do grupo Teatro das Argalladas [fotos] [cartel]

2, 3 e 4 de novembro

III edición das Xornadas Micolóxicas no café-bar Vega [cartel]

7 de novembro

Inicio dun obradoiro de teatro dirixido aos rapaces do colexio [ensaios (28 de febreiro)]

Mes de decembro

Exposición das fotos feitas durante a celebración das actividades de verán organizadas pola asociación.
Elaboración de postais de Nadal por parte dos rapaces do colexio para enviarllas aos socios

28 de decembro

Actuación do cantautor Andrés Ruiz no restaurante San Cristóbal [fotos]

ANO 2002
6 de xaneiro

Actuación de teatro: presentación do espectáculo Unha de contos, representado pola compañía Asesoría Contable Federico Pérez, organizada conxuntamente coa asociación Pobo de Miranda [cartel]

25 de xaneiro

Presentación do documental Contos de Polavila, gravado nos concellos que conforman as Terras de Miranda [fotos]

8 de febreiro

Actuación do mago Carlos Coira [fotos] [cartel]

16 de marzo

Ruta do Agüeira (Pezós, Asturias) e visita ao museo etnográfico de Grandas de Salime [fotos] [cartel]

29 de marzo

Actuación do grupo de jazz Passatta di Sotto

3 de maio

Representación no colexio da obra teatral Unha de contos

21 de xuño

Representación teatral no colexio: O documento [fotos]

27 de xullo

II edición da Xincana [probas] [fotos]

Mes de agosto

I edición de Os mércores, teatro:

  • Arte-Farto, por Centro Teatral Faro-Miño (día 7)

  • O achado do castro, por Agrupación Teatral Raiolas (día 14)

  • O documento, polo Grupo Escolar de Teatro da Asociación Arrincadeira, e Hai ogros na lúa, por Compañía Tirititraun (día 21)

  • Menciñeiro á forza, por Agrupación Teatral da E. P. S. Solidarios en Acción (día 28)

[fotos] [cartel]
9 de agosto

IV edición de Sons do Mencer na Croa:

  • Gaiteiros de Riotorto

  • Buxos Verdes (Galiza)

  • Cachimonia (Galiza)

  • Familha Artús (Occitania)

  • Aran (Galiza)

[+info] [fotos]
Mes de novembro

Inicio do obradoiro de teatro

23 de novembro

Presentación do libro Avelino Díaz: Unha voz comprometida na Galicia emigrante, de Marivel Freire Freire, na escola da Órrea, conxuntamente coas Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego [cartel]

Mes de decembro

Obradoiro de postais no colexio

13 de decembro

Actuación de Julie Guravich e Fran Rei [fotos] [cartel]

ANO 2003
12 de abril

Sendeirismo na Reserva da Biosfera de Muniellos (Asturias) [fotos] [cartel]

8 de agosto

V edición de Sons do Mencer na Croa:

  • A Noite do Trasno (Galiza)

  • O Lado Oscuro (Galiza)

  • Renato Spencer (Brasil)

  • Nastinarka (Bulgaria)

[+info]
23 de agosto

Inauguración dun roteiro entre Cachán e o Chao Grande [cartel]

Meses de agosto e setembro

II edición de Os mércores, teatro:

  • Espectáculo de clown O gordo e o calvo, a cargo do grupo Dous son compañía (20 de agosto)

  • Que desastre de función, polo Grupo Infantil da Asociación Arrincadeira (3 de setembro)

  • Chamábase Andrés, seguramente, polo Grupo de Adultos da Asociación Arrincadeira (3 de setembro)

[carteis]
29 de novembro

Sendeirismo na Devesa da Rogueira [cartel]

ANO 2004
15 de maio

Presentación do libro Riotorto. Guía do concello, de Carlos Xesús Varela Aenlle [fotos]

19 de xuño

Visita a Mondoñedo: castro de Zoñán, barrio dos Muiños [fotos] [cartel]

13 de agosto

VI edición de Sons do Mencer na Croa:

  • Gaiteiros de Vilanova de Lourenzá

  • Mondopétriz (Galiza)

  • Macfeck (Galiza/Escocia/Inglaterra)

  • Os Carunchos (Galiza)

  • Linho do Cuco (Galiza)

[+info] [fotos]
Mes de agosto

III edición de Os mércores, teatro:

  • As fillas de Eva, polo grupo Palimoco Teatro (día 18)

  • Presentación da obra Polos meus mortos, a cargo do grupo Os falcatrueiros, no campo da festa da Ermida, Espasande de Baixo (día 25)

[carteis]
ANO 2005
12 de agosto

VII edición de Sons do Mencer na Croa:

  • Luvas Verdes (Galiza, tradicional)

  • Maktub (Escocia/Holanda, tradicional)

  • Quempallou (Galiza, folc)

  • Dios ke te Crew (Galiza, hip-hop)

[+info] [fotos]
12 de novembro

Ruta ás Fragas do Eume [fotos] [cartel]

29 de decembro

Asistencia ao partido internacional de fútbol Galiza-Uruguai [fotos] [cartel]

ANO 2006
9 de marzo

Acto solidario co pobo saharauí  [cartel]

18 de marzo

Sendeirismo: Ruta das seimeiras do Queixoiro e visita ao Museo Comarcal da Fonsagrada [fotos] [cartel]

30 de abril

Espeleoloxía: visita á cova de Valporquero (León) [fotos] [cartel]

17 de maio

Día das Letras Galegas:

  • Relato de contos galegos, por Xosé Miranda

  • Música de zanfona, interpretada por Pablo Cid

[fotos] [cartel]
17 de xuño

Obradoiro de elaboración artesanal de pan [fotos]

22 de xullo

Sendeirismo: Ruta de San Pedro de Rocas e visita a Allariz
[fotos (galería 1)] [fotos (galería 2)]

9 de agosto

Actuación do mago Xacobe [fotos]

30 de setembro e 1 de outubro

Curso de fotografía dixital [fotos] [cartel]

11 de outubro

Presentación da páxina web de Arrincadeira [fotos]

29 de outubro

IV edición das Xornadas Micolóxicas:

  • Recollida de cogumelos: saída ao Chao Grande

  • Conferencia a cargo de Xesús Blanco, da asociación micolóxica Os Bolouros

[fotos]
18 de novembro

Mesa redonda: a viabilidade económica das plantacións forestais con especies autóctonas [fotos] [cartel]

26 de novembro

Xornada Fogar saudábel, organizada conxuntamente coa asociación Pobo de Miranda:

  • Conferencias sobre xeobioloxía, bioconstrucción e efectos da contaminación nas persoas

  • Obradoiro de radiestesia

[fotos] [cartel] [programa]
28 de decembro

Asistencia ao partido internacional de fútbol Galiza-Ecuador [fotos]

ANO 2007
Mes de xaneiro

I Certame de Fotografía de Riotorto [bases] [fotos]

3 de febreiro

Excursión á estación invernal de Leitariegos (León) [fotos]

5 e 6 de abril

I Xornadas da Historia de Riotorto:

  • A Cultura castrexa: o castro da Croa e outros poboados castrexos na zona de Riotorto, por Abel Vigo García (día 5)

  • Fortalezas medievais no concello de Riotorto: o castelo de Penaflor do Machín, a Torre do Mouro de Santa Marta e outras, por Carlos Andrés González Paz (día 6)

[fotos] [cartel]
15 de abril

Participación na I Feira da Artesanía do Ferro [fotos]

16 de maio

Presentación da edición facsimilar de El Agricultor:

  • Henrique Hervés, doutor en Historia e estudoso do movemento agrarista

  • Ignacio Rodríguez Eguíbar, director-xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo

  • Juan Soto, director de publicacións de El Progreso e cronista oficial da provincia de Lugo

[fotos] [cartel]
17 de maio

Día das Letras Galegas: actuación do grupo A Volta do Agro na Croa [fotos]

17 de xuño

Sendeirismo: Ruta da Auga en Taramundi [fotos] [cartel]

14 de outubro

V edición das Xornadas Micolóxicas:

  • Recollida de cogumelos

  • Degustación nos bares de Riotorto

  • Exposición no Centro Sociocultural dos exemplares recollidos

Coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Pobo de Miranda e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Riotorto, así como do micólogo Xesús Blanco, da asociación Os Bolouros.

[fotos] [cartel]

31 de outubro

Festa das Cabazas:

  • Obradoiro de decoración das cabazas (día 28)

  • Exposición e acendido das cabazas e celebración do magosto no adro da igrexa

  • Actuación da contacontos Fátima Fernández

Coa colaboración da Asociación de Pais de Alumnos do Colexio de Riotorto.

[fotos] [vídeo] [cartel] [folleto informativo]

27 de decembro

Asistencia ao partidos internacionais de fútbol Galiza-Catalunya (feminino) e Galiza-Camerún (masculino) [fotos] [cartel]

ANO 2008
26 e 27 de xaneiro

Excursión á estación invernal de San Isidro (León) [fotos] [cartel]

Meses de febreiro e marzo

II Certame de Fotografía de Riotorto [bases] [fotos]

17 de maio

Día das Letras Galegas: actuación de Alba Noctua [fotos] [vídeo] [cartel]

12 de xullo

San Cristovo 2008: exposición fotográfica O San Cristovo de Riotorto no tempo

31 de outubro

II Festa das Cabazas:

  • Obradoiro de preparación das cabazas (día 26)

  • Representación da obra Cinco historias para unha man, a cargo da compañía Spaguetti Títeres

  • Acendido das cabazas e magosto no pavillón de deportes do colexio

Coa colaboración da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do Colexio Público de Riotorto.

[fotos] [cartel]

8 e 9 de novembro

VI edición das Xornadas Micolóxicas:

  • Saída ao monte para recoller cogumelos (día 8)

  • Exposición e degustación no marco do Mercado de Outono (día 9)

Coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Pobo de Miranda e do micólogo Xesús Blanco, da asociación Os Bolouros.

[fotos] [cartel]

6 de decembro

Polafía en Riotorto (homenaxe aos ferreiros), organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Asociación Arrincadeira e o Concello de Riotorto  [fotos] [cartel]

7 de decembro

Excursión ao Courel: visita á Festa da Pisa da Castaña  [cartel]

27 de decembro

Asistencia ao partido internacional de fútbol Galiza-Irán [fotos] [cartel]

ANO 2009
3 e 4 de xaneiro

II Xornadas da Historia de Riotorto:

  • Presentación do libro recompilatorio das ponencias das I Xornadas, con Antonio Veiga Outeiro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e Pedro Castañal Fernández, presidente de Arrincadeira (día 3)

  • Microtoponimia: a súa importancia e conservación como patrimonio inmaterial da nosa cultura, por Óscar Castro Castedo e Antonio Vidueiro Rodríguez (día 3)

  • Arquitectura popular do concello de Riotorto, por Carlos Xesús Varela Aenlle (día 4)

  • Debate aberto: Propostas para a conservación e posta en valor do noso patrimonio etnográfico (día 4):

    • Federico Xosé Gutiérrez Éstoa, alcalde de Riotorto

    • Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, presidente da Asociación Sociocultural MariñaPatrimonio

    • Miguel Ángel Abraira Pérez, historiador e estudoso da etnografía de Riotorto

    • Moderador: Pedro Castañal Fernández, presidente de Arrincadeira

[fotos]
1 de marzo

Entrega de premios do III Certame de Fotografía de Riotorto [bases] [fotos]

6 e 7 de xuño

Exposición de fotos antigas na festa do San Bernabé, en Espasande de Riba

23 de agosto

Presentación do arquivo fotográfico Riotorto no tempo:

  • Antonio Veiga Outeiro, responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo

  • Óscar Otero, da Navalla Suíza, empresa que desenvolveu a páxina web

  • Miguel Gutiérrez Éstoa, directivo da Asociación Arrincadeira

[cartel] [web do arquivo]