A Asociación Arrincadeira pon á venda o libro das I Xornadas da Historia de Riotorto. Esta publicación pode adquirirse na Libraría Acuarela (Praza das Rodrigas, 34 - 27744 Riotorto - Teléfono 982 34 63 08), na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4 - 27001 Lugo - Teléfono 982 22 78 04 - Fax 982 24 49 13) ou ben poñéndose en contacto cos membros da xunta directiva de Arrincadeira (teléfono 687 70 10 51 - Pedro).
O prezo é de dez euros para o público en xeral, e de balde para os socios de Arrincadeira. O libro, de 83 páxinas, contén o texto íntegro das dúas conferencias pronunciadas nas Xornadas: A Cultura Castrexa. Aproximación á Cultura Castrexa en Riotorto, por Abel Vigo García, e Riotorto na Idade Media: territorio, poder e fortificacións, por Carlos Andrés González Paz, ademais de numerosos mapas e fotografías.




Portada do libro (preme na imaxe para ampliala)