A Asociación Arrincadeira naceu a mediados do ano 1999, cando un grupo de mozos e mozas de Riotorto organizou unha festa chamada Sons do Mencer na Croa. En vista do éxito desta celebración, decidiuse fundar unha asociación cultural para seguir organizándoa en anos sucesivos e facer tamén outras actividades. A asemblea fundacional da Asociación Arrincadeira tivo lugar o 29 de xaneiro do 2000. Actualmente a Asociación conta con arredor de medio cento de socios e socias, e as súas actividades céntranse no coñecemento, promoción e conservación do medio ambiente e o patrimonio histórico-artístico do concello de Riotorto, así como na organización doutras actividades culturais, recreativas e deportivas que poidan resultar de interese para a veciñanza.



Xunta Directiva

Elexida na VIII Asemblea Xeral (23 de decembro de 2006)
Reelexida na IX Asemblea Xeral (16 de decembro de 2007)
e de novo na X Asemblea Xeral (18 de xaneiro de 2009)

 Presidente 

 Pedro Castañal Fernández 

 Vicepresidenta 

 Nancy Barcia Castro 

 Secretaria 

 María Portela Vázquez 

 Tesoureiro 

 Xoán Carlos Fernández Pereira 

 Vogais 

 Eloi Treitas Foxaca 

 Miguel Ángel Gutiérrez Estoa 



Pedro Castañal

Nancy Barcia

María Portela

Xoán Carlos F. Pereira

Eloi Treitas

Miguel Gutiérrez


A directiva de Arrincadeira, logo da VIII Asemblea Xeral


Directivas anteriores

Estatutos

Logotipo


Podes poñerte en contacto con nós
enviando un correo electrónico a:

info@arrincadeira.eu

Ou ben mediante correo ordinario:

Asociación Arrincadeira
Praza das Rodrigas, s/n
27744 Riotorto (Galiza)



Arrincadeira é membro fundador
da Plataforma Nunca Máis