Se queredes formar parte da Asociación Arrincadeira só tedes que imprimir a autorización de pagamento que se pode descargar nas ligazóns seguintes, e logo cumprimentala e entregala na oficina de Caixa Galicia de Riotorto. A cota anual é de 30 euros.
Tamén podedes satisfacer a vosa cota de socio mediante unha transferencia bancaria á conta 2091-0173-14-3000026611. Neste caso, non vos esquezades de poñer o voso nome.
Aínda que na folla aparecen tres autorizacións de pagamento, só hai que cumprimentar e entregar unha. As outras dúas podedes darllas a amigos vosos que poidan estar interesados en ser socios de Arrincadeira. Así, entre todos, podemos contribuír a que máis xente participe do noso proxecto e facer unha Arrincadeira mellor.

[Autorización de pagamento, formato PDF]
[Autorización de pagamento, formato DOC]
[Autorización de pagamento, formato HTML]